Este ano por Nadal fixemos algunhas manualidades nun taller que realizamos o derradeiro día antes das vacacións nos cursos de 1º de ESO e 3º de ESO.
Consideramos que as manualidades permiten desenvolver destrezas e colaborar mellorando as relacións interpersoais e tamén permiten amosar e desenvolver a propia creatividade. Dende logo, cun pouco empeño e non moitos materiais (algúns reciclados, como cartóns de papel hixiénico ou de papel de cociña, paus de xelados, estropallo...) saen algunhas cousas decentes. Velaí tedes unha mostra.
O boneco realizárono os alumnos de Atención Educativa de 1º de ESO con Fabio. Tamén contamos coa colaboración de Gonzalo, profesor de plástica e da orientadora, Noah.
No hay comentarios:
Publicar un comentario