Téñense feito moitas reflexións sobre a riqueza toponímica de Galicia (por ex. Méndez Ferrín argumentaba sobre o tema ou Ferro Ruibal). Hai un equipo de persoas traballando sobre isto dende hai uns anos (Gonzalo Navaza e outros) e vanse facendo importantes achegas para coñecermos esta vizosidade da que goza o noso fragmentado territorio (algúns tan interesantes como o de Xosé Lois Vilar, Talasonimia da costa sur de Galicia).
Por que é importante facer estes traballos? Pois pola simple razón de que este patrimonio está ameazado. A sociedade cambia e os nomes poden perderse, por ex. cando se transforma o territorio por mor das concentracións parcelarias, vías de comunicación que o atravesan,... ou porque xa non quedan vellos que os lembren e os novos en moitos casos descoñécenos.
O tema está de actualidade, como vemos nos xornais de hoxe.
Pódese ver tamén neste artigo de la Voz de Galicia.
Pódese ver tamén neste artigo de la Voz de Galicia.
No Instituto queremos facer a nosa pequena achega con traballos de microtoponimia feitos por alumnos de 2º de ESO. Os traballos son de Déborah e Rubén López. Recolleron nomes de leiras dos concellos de Quiroga (a primeira) e de Ribas de Sil e San Xoán de Río (o segundo) tendo en conta información dos seus maiores.
A/ Recolleita de microtoponimia de Déborah:
No lugar de Campos de Vila atópanse as seguintes leiras:
- Barbeito
- A Rodela
- Prado Grande
- Silvela
- A Pendella
- O Baioco
- As Forcadiñas
- O Santo
- O Redondo
- A Curtiña
- A Campaza
- Gabianceira
- Pacio
- Marelante
- O Carrozo
- A Regata
- A Peza
- Espiñoso
- A Reboleira
- As Carballeiras
- A Leira Grande
- A Rechave
- Os Reales
- O Agro
- As Touzas
- A Cortiña
- A Poula
- A Fonteseca
- Os serranos
- O Avelledo (podería ser O Abeledo?)
- O Leirado
- A Aira de Riba
- O Corgo
- O Horto
- A Fraga
- A Touza
- A Lama
- As Lampazoas
- As Cancelas
No hay comentarios:
Publicar un comentario