lunes, 7 de mayo de 2018

Letras Galegas

Comezado maio, entramos de cheo na celebración das Letras Galegas e o ambiente comeza a quentarse: van aparecendo novos libros (A muller que durmía pouco e soñaba moito, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre; Mulleres bravas da nosa historia, Elisabet Ríos Liste; Doce cartas a María Victoria Moreno, Ánxela Gracián) sobre a autora e e novas achegas por parte de xentes diversas interesadas pola nosa cultura.
Xa empezamos nas clases a falar sobre a autora homenaxeada. Estamos a facer marcapáxinas e faremos lecturas colectivas da súa obra. Tamén argallamos un concurso de Cartas a Mª Victoria Moreno.
Como aperitivo, aí vos vai un fermoso vídeo de Fuxan os ventos sobre un poema de María Victoria Moreno Ogando: "Lúa de prata".
Seguiremos engadindo novas achegas cando vaiamos facendo máis traballos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario