jueves, 24 de mayo de 2018

Charla de Marilar Aleixandre no noso IES

O xoves 3 de maio puidemos disfrutar da visita de Marilar Aleixandre ao noso centro.

A charla foi interesante  e do máis ameno.

 Xa o curso pasado leramos o seu libro A expedición do Pacífico. A autora mencionou este e outros libros seus, espertando o noso interese por lelos. Por ex. respecto a ese libro, contounos por que escolleu o nome de Emilia para a protagonista feminina (inspirouse en Emilia Pardo Bazán).  Dixo que todos os lugares que aparecen na historia eran reais Tamén falou de que coñecía de primeira man a experiencia de estar na selva. Respecto a outros libros seus como A cabeza da medusa, confesou que parte do argumento se basea en feitos reais que lle tocaron de cerca cando foi directora dun colexio (fala dunha tráxica experiencia protagonizada por alumnas dese centro). Sobre Rúa carbón tamén explicou un pouco de que trata; fala do mundo de ETA. E tamén falou de A banda sen futuro,
un libro que soe interesar aos mozos e é doado de ler. (En particular, vou mencionar que este libro lle gustou moito a Josefa, unha das limpadoras do noso centro, porque se sentía identificada coa protagonista, por ter vivido unha experiencia semellante á da protagonista na súa adolescencia, Mª Xosé).
Mencionou tamén que lle deron o premio Xerais por unha novela de adultos (Teoría do caos).

Como lectores de Marilar Aleixandre, valoramos moito que teña tanto dominio da lingua, sendo unha autora de orixes madrileñas; ao oíla, conseguiu manter o noso interese e atención ata o final da charla e tamén facernos reflexionar, espertar curiosidade e  darnos ganas de ler os seus libros.

A información para esta entrada redactouna Lola Rodríguez, alumna de 4º de ESO.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario